Tecumseh
Tecumseh | |
---|---|
Representación romántica de Tecumseh c. 1915 | |
Nacemento | marzo de 1768 |
Preto do río Scioto, Ohio | |
Falecemento | 5 de outubro de 1813 (45 anos) |
Moravian of the Thames (actual Chatham-Kent, Ontario) | |
Causa | Morto en combate |
Nacionalidade | Shawnee |
Ocupación | político e Xefe tribal |
Irmáns | Tenskwatawa |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tecumseh, nado en marzo de 1768 e finado o 5 de outubro de 1813, foi un líder nativo americano dos shawnee e dunha gran confederación tribal (coñecida como Confederación de Tecumseh) que se opuxo ós Estados Unidos durante a Guerra de Tecumseh e se converteu en aliado dos británicos na Guerra de 1812.
Tecumseh medrou no territorio de Ohio durante a guerra de independencia dos Estados Unidos e na Guerra india do noroeste, onde estivo constantemente exposto á guerra.[1] Cos americanos movéndose continuamente cara o oeste logo de que os británicos cedesen o Val de ós Estados Unidos en 1783, os shawnee movéronse máis cara o noroeste. En 1808, asentáronse en Prophetstown, na actual Indiana. Co obxectivo de estabelecerse nunha nación india independente ó leste do Mississippi baixo protección británica, Tecumseh traballou para recrutar tribos para a súa confederación dende o sur dos Estados Unidos.[1]
Durante a Guerra de 1812, a confederación de Tecumseh aliouse cos británicos e axudaron a capturar Fort Detroit. Antes da batalla, Tecumseh fixo un famoso discruso nunha rocha que aínda se conserva en Fort Malden. Despois de que a mariña dos Estados Unidos tomase o control do Lago Erie en 1813, os nativos e os británicos tiveron que recuar. As forzas americanas capturárono na Batalla do Thames, e mataron a Tecumseh en outubro de 1813. Coa súa morte a confederación desintegrouse e os nativos tiveron que moverse de novo cara o oeste, mais Tecumseh converteuse dende entón nun heroe icónico na historia indíxena, americana e canadense.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Allen, Robert S (2009). Historica-Dominion, ed. "Tecumseh". Consultado o 3 de outubro de 2009.
- ↑ J. M. Bumsted (2009). Oxford U.P., ed. The peoples of Canada: a pre-Confederation history. p. 244. ISBN 9780195431018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tecumseh |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dowd, Gregory Evans. A Spirited Resistance: The North American Indian Struggle for Unity, 1745-1815. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 1992. ISBN 0-8018-4236-0
- Drake, Benjamin. Life of Tecumseh and of His Brother the Prophet; With a Historical Sketch of the Shawanoe Indians. (Mount Vernon: Rose Press, 2008).
- Eckert, Allan. A Sorrow in Our Hearts: The Life of Tecumseh. New York: Bantam Books, 1992. ISBN 0-553-56174-X